Saturday 18 de May de 2024

A AECC Ordes celebra a súa V Comida Baile Solidaria


Terá lugar o 18 de outubro no restaurante Barreiro, en Leira. Sortearanse agasallos doados polos comerciantes da zona, ademais de contar con autobuses gratuítos para os desprazamentos

A AECC Ordes ten organizada para o próximo 18 de outubro (domingo), a V Comida Baile Solidaria. Terá lugar no restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, ás 14.30 horas. As entradas para poder asistir xa están á venda tanto no mesmo restaurante como no bar Salón, na mesma vila de Ordes.

No acto levarase a cabo o sorteo de agasallos doados polos comerciantes de Ordes. Ademais tamén haberá un servizo gratuíto de autobuses que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Álvarez.